PROGRAMA 2023
Iniciado no 2020 como un proxecto de reactivación e impulso ás artes escénicas, Paula Quintas e o Concello da Estrada presentan a continuidade do proxecto nesta terceira edición, con formato de festival, apoiado pola Xunta de Galicia.
O programa presentarase en rolda de prensa día 24 de abril ás 12:00h no Concello da Estrada coa pre-estrea do espectáculo O Salón dos Pasos Perdidos de Paula Quintas Cía en coprodución co Centro Coreográfico Galego.
(Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)
Sábado 29 de abril
·13:00h · Teatro Principal
CORPOS DE ABISMO de DUELIRIUM
Corpos, capas, plegadas, agochadas, onde profundas fendas deixan intuir o fondo, trasfondo, vertixe.... de onde agroma unha luminosidade que cega os ollos, a alma; as veces... bailando na eternidade...
Un espectáculo de danza vertical de Duelirium.
Creación e intérpretes: Mercé Solé, Raquel Oitavén e Mónica de Nut.
Colabora: Violencia Zero - Deputación de Pontevedra.
Sábado 29 de abril
·19:30h · Alameda Municipal
(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)
ONDE POUSA A HUMIDADE de MARCIA VÁZQUEZ
Onde pousa a humidade é un solo que profunda na espera e a súa relación co corpo en tempo presente e pasado. Inspírase na Costa da Morte, unha das costas con máis naufraxios de Europa. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as súas mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra”.
Creación e interpretación: Marcia Vázquez
Asesoramento escénico: Carmen Larraz, Paula Ramis Muñoz e Raquel Jara.
Música: Mercedes Peón e Leilía
Voces en off: Documental Línea 900 - Costa da Morte
Amiente sonoro: Guillermo Alfaro e Marcia Vázquez
Fotos: Javi Caravaca e Lourdes de Vicente.
Sábado 29 de abril
·20:00h · Teatro Principal
TABÚ de COLETIVO GLOVO
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación.
A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás:
Quen eran estas mulleres?
Que foi delas?
Que sucedeu nese partido?
Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
Creación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Interpretación: Esther Latorre, Hugo Pereira, Paula Quintas, Sybila Gutiérrez, Fran Martínez
Deseño de iluminación: Pedro Fresneda
Técnico en xira: Jaume Blai
Espazo Sonoro: BABYKATZE
Colaboración Arquivo Sonoro: Arquivo Galego do Oral
Vídeo: Dani Rodríguez
Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía: Carlota Mosquera e Dani Rodríguez
Deseño de imaxe: Paulina Funes
Vestiario: Colaboración con Adolfo Domínguez
Coproduce: Centro Coreográfico Galego · Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia
Co apoio de: Teatro Ensalle, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo
Museo MIHL, Concello Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea, Escuela Palimoc
OBRADOIROS
Sábado 29 de abril
Marcia Vázquez impartirá dous obradoiros para o alumnado da EMAE.
De 10:00 a 12:00h